Nomes de signos tipográficos e ortográficos do antigo wiki de Proxecto Trasno.
| Signo | Nomes | Notas |
|---|---|---|
| . |
punto |
|
| ; |
punto e coma |
|
| : |
dous puntos |
|
| … |
elipse |
É un único signo tipográfico, correspondese cos tres puntos (...) suspensivos. |
| , |
coma vírgula |
|
| ^ |
acento circunflexo |
|
| ´ |
acento agudo |
á é í ó ú |
| ` |
acento grave |
à è ì ò ù |
| ¨ |
diérese |
ï ü |
| ¿ ? |
signo de interrogación |
O signo de apertura < ¿ > non se emprega en galego. |
| ¡ ! |
signo de admiración |
O signo de apertura < ¡ > non se emprega en galego. |
| ' |
apóstrofo |
En matemática < ' > minuto de ángulo. |
| - |
guión |
|
| ' ‘ ’ |
aspas inglesas aspas simples comiñas inglesas comiñas simples |
En matemática < ' > minuto de ángulo. |
| " “ ” |
aspas duplas comiñas duplas inglesas duplas |
En matemática < " > segundo de ángulo. |
| « » |
aspas latinas comiñas latinas |
As que se deben empregar en galego. |
| ( ) |
parénteses |
|
| [ ] |
corchetes |
|
| { } |
chave |
|
| * |
asterisco |
|
| / |
barra |
|
| \ |
barra inversa |
|
| ─ |
trazo ou raia |
Máis longa que o guión < - >. |
| § |
parágrafo |
Destacar que en inglés empregase para referir a unha sección, observar o seu nome latino «Signum sectionis» e que correspondese cun SS (dobre ese) vide §17 (ver a sección 17) |
| ¶ |
antígrafo información complementaria (Filol.) |
Non confundir co < ¶ > caldeirón que é un símbolo de notación musical. |
| @ |
arroba |
Aínda que o nome é «arroba» en informática ten o valor «en» («at» en inglés). Nun enderezo de correo do tipo usuario@servizo.example leríase «usuario en servizo punto example», de feito moita xente adoita agochar (aos robots) os enderezos empregando «usuario[en]servizo[punto]example». |
| # |
grade grella |
En inglés usase como símbolo de numeral, substitúese por < núm. >. Non confundir co díese (*sostido), ou co becuadro (♮), estes dous son símbolos de notación musical. |
| & |
et |
Alternativa gráfica da conxunción copulativa latina «et». |
| | |
canalización |
Elemento empregado en informática correspondese co «pipe» inglés. |
| · |
punto mediano interpunto |
En catalán coñécese como punt volat (punto voado). |